Información ás familias

Artigo 25º.-Información ás familias.


Corresponde á titora ou ao titor informar regularmente aos pais e nais ou titores legais sobre os progresos e dificultades detectados e ter en conta as informacións que estes proporcionen, segundo os procedementos establecidos no proxecto educativo.


A información recollida da avaliación continua trasladarase ás familias, como mínimo, nun informe escrito trimestral e de forma persoal cantas veces se estime oportuno para lograr establecer unha coordinación adecuada no desenvolvemento do proceso educativo das súas fillas e fillos. Os centros educativos establecerán o contido e formato do documento de información ás familias nos cales se comunicarán:

  • os datos sobre os progresos e dificultades detectados na consecución dos obxectivos establecidos no currículo.
  • sobre o proceso de integración socioeducativa.
  • sobre o grao de iniciación no desenvolvemento das competencias básicas.
  • de ser o caso, sobre as medidas de apoio e reforzo educativo adoptadas ou propostas.

Última modificación: miércoles, 4 de mayo de 2016, 15:03