Presentación

Ferramentas para educar na nube

Recursos educativos para traballar na rede deseñados con ferramentas da rede 

Presentación

O presente curso ten a intención de presentarche unha serie de ferramentas dixitais para que poidas elixir a que se axuste máis á túa concepción educativa e deseñar con elas unha presentación;de contidos educativos para o teu alumnado. As ferramentas que se presentan poden ser empregadas de moitos xeitos no ámbito educativo, mais a orientación que se lles dá neste curso é a de ser instrumentos para transmitir información ao alumnado e finalmente avaliala. Na túa creatividade está a posibilidade de darlles outros usos diferentes. 

Obxectivos

  • Elaborar unha proposta didáctica empregando recursos dixitais.
  • Identificar ferramentas dixitais para a creación de recursos en liña.
  • Deseñar actividades utilizando ferramentas para a formación en rede.
  • Empregar servizos en rede para a realización de actividades didácticas.

Estrutura

O material deste curso está dividido en 5 bloques:

  • Publicación de contidos na rede.
  • Presentación de contidos dixitais.
  • Ilustración de contidos.
  • Organización dos contidos.
  • Avaliación dos contidos.

Cada un deses bloques está dividido nunha serie de apartados, incluíndo sempre como último dos apartados un dedicado ás ferramentas que se poden atopar na rede para crear o recurso correspondente.

O número total de ferramentas que se presentan é de 21, aínda que nas tarefas do curso só se pedirá deseñar un recurso con 5 delas, unha por cada bloque. 

Presentación dos materiais

Os materiais que aparecen en cada un dos 5 bloques aparacen en 2 formatos diferentes:

Logotipo de contidos IMSEn formato dixital, para poder ser seguidos en rede.

Logotipo de epubEn formato epub, que permite ser descargado e lido sen conexión a Internet. Para ler o formato epub é necesario ter un lector de epub. Se tes un ebook ou unha tablet seguramente xa incluirá un, se non o tes, poderás descargar un lector gratuíto na rede, por exemplo, algúns dos que se indican a continuacion:

Calibre: http://calibre-ebook.com/download

Adobe: http://www.adobe.com/es/solutions/ebook/digital-editions/download.html

Cada un dos apartados que compoñen cada bloque inclúe as seguintes seccións:

Logotipo de precoñecementoInclúense nalgúns apartados e son curiosidades ou elementos que complementan a información principal do apartado.

Lotipo de actividadeSon propostas para ampliar información, aclarar conceptos ou suxerir actividades que permitan buscar a aplicación práctica dos conceptos presentados.

Avaliación

En cada un dos bloques hai un apartado de avaliación que inclúe:

Logotipo de foroUn foro.

Logotipo de tarefaUnha tarefa.

Para acadar a avaliación positiva no curso será preciso participar nos foros da maneira sinalada neles e realizar cada unha das tarefas.

Última modificación: Martes, 13 de Xaneiro do 2015, 20:04