Project Description

Viaxando coas mans.

Educación viaria e atención ás persoas con xordocegueira.

Contedor de pequenas historias que dan a coñecer como tratar ás persoas con xordocegueira en diferentes situacións.

Historias interactivas con locución e linguaxe de signos

Diferentes historias nas que se descobren, con certo sentido do humor, as dificultades que ten Juan, unha persoa xordocega, para desprazarse pola cidade, para ir pola beirarrúa, para viaxar en autobús, en coche ou para acceder a unha estación de autobuses. E indícanse recomendacións ou suxestións para facilitar o seu desprazamento.

Xogos e actividades

Unha serie de xogos interactivos para usar directamente. Xogos educativos, fáciles e entretidos cos que poder reforzar os conceptos adquiridos.

Seis folletos

Os seis folletos: O bastón branco e vermello, Camiñando pola beirarrúa, O mobiliario urbano, Viaxando en coche, Viaxando en autobús e A estación de autobuses poden verse en edición impresa e en edición dixital dentro da páxina da DGT.