Project Description

Camiñando.

Material educativo de educación viaria

Un proxecto cunha metodoloxía diferente e única para a aprendizaxe de conceptos de educación viaria no primeiro ciclo de educación infantil.

O material que se desenvolveu non segue as liñas convencionais neste tipo de recursos, apostando por uns recursos que permiten o traballo dende diferentes metodoloxías, con opcións para o traballo en papel ou na pantalla dixital.

ACCESIBLE PARA TODOS

Inclúe gravacións en audio e vídeos en lingua de signos para as orientacións pedagóxicas e a narración dos contos, para facer máis accesibles os materiais.

Contos interactivos con locución e lingua de signos

Tres contos diferentes, que poderás descargar en PDF ou seguir de forma interactiva, con animacións, audio e vídeo signado; así como xogos relacionados sobre eles.

Xogos e actividades

Unha serie de xogos interactivos para usar directamente. Xogos educativos, doados e entretidos cos que poder reforzar os conceptos adquiridos.

Recursos educativos

Os recursos didácticos que se presentan pretenden incidir en cuestións sinxelas e importantes que poidan chegar a influír nestes primeiros momentos da vida do neno/a, incardinando os seus contidos noutros moitos aspectos, que de xeito globalizado servirán para poder ir configurando a identidade e autonomía dos pequenos, facendo un especial chamamento ao titor, pai ou nai como principal modelo.

É o noso desexo o que os seus contidos poidan ser de utilidade para escolas infantís, entidades e axentes diversos que traballen con nenos nestas primeiras idades e que a consideración da educación viaria poida estar presente ao longo da vida, xa dende os primeiros momentos.