Project Description

O conto de Lúa

Andando á escola. Guía didáctica

Material de educación viaria dirixido a profesores, familias e nenos menores de 6 anos.
Nace coa intención de reforzar todos os puntos a considerar para xerar unha mobilidade infantil segura, saudable e sostible.

Un toque de música

A música e os xogos

A canción “Vou da man”

Se os contos son importantes para os nenos pequenos, que dicir da música. A música é un elemento esencial na educación infantil, e esa importancia ten o seu reflexo nos ensinos que as administracións educativas establecen como básicos antes dos 6 anos

Durante este período de idade establécese a predominancia do uso dun lado do corpo sobre o outro, a este proceso denomínaselle lateralización, e é fundamental para aprendizaxes que se realizarán na etapa posterior de primaria, como a lectura e a escritura. Por ese motivo ten gran interese o emprego de ferramentas tecnolóxicas que obrigan a organizarse no espazo e a realizar con precisión os movementos na pantalla.