Por que o nome de “por un ferrado”?

O ferrado é unha medida de superficie, aínda que por extensión, tamén se refire ao volume que ocupa o gran recollido nese terreo plantado de millo, centeo ou trigo.

O caixón que ocupaba ese ferrado de gran era o pago que se lle daba aos mestres e mestras durante boa parte da historia educativa do noso país.

Na honra deses primeiros mestres é polo que leva o nome a nosa empresa.

Quen somos?

Somos un equipo diseñadores e creadores de cursos e de materiais educativos tanto en formato dixital como en versións impresas.

Realizamos toda clase de recursos pedagóxicos adaptados.

CONTACTA CON NÓS

Que facemos?

Non só ensinamos ao noso alumnado. Ademais deseñamos materiais para diferentes etapas educativas. Tanto para a formación regrada, como para as persoas que traballan en diferentes sectores profesionais e requiren información actualizada.

MIRA OS NOSOS TRABALLOS

Aula Viqueira

Este espazo recibe o nome de Aula Viqueira na honra dun dos máis significativos pedagogos do país. Aquí pódense realizar os cursos impartidos polo persoal de PORUNFERRADO tanto na educación formal como nas propostas organizadas para diferentes institucións.

Exemplo dun dos cursos que impartimos:

FERRAMENTAS PARA TRABALLAR NA NUBE

É un curso para o profesorado no que se explica o funcionamento de diferentes ferramentas web que se poden empregar para o traballo escolar.
Inclúe contidos interactivos e versión descargable para ser leida en formato epub.

MÁIS INFORMACIÓN

Os nosos traballos